72.480, o Gordo do Sorteo de Nadal, cae integramente en Logroño
Consulta en Nós Diario as localidades agraciadas.
O número 72.480 resultou agraciado co primeiro premio do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, coñecido como ‘O Gordo’, dotado con 400.000 euros ao décimo. O número vendeuse integramnte nunha administración de Lotaría de Logroño e foi cantado ás 11.27 horas no sexto arame da cuarta táboa.
Os premios do Sorteo Extraordinario de Nadal 2024 comezaranse a aboar desde a tarde do 22 de decembro, cando finalicen tanto as verificacións dos números extraídos como os procesos informáticos, como é habitual, e até o 24 de marzo de 2025.
Se os premios son inferiores a 2.000 euros por cada décimo ou resgardo, pódense cobrar exclusivamente nun dos 10.884 puntos de venda da rede comercial de Lotarías, a partir da tarde do 22 de decembro. Neste caso, o premio pode cobrarse en metálico ou a través de Bizum.
Os premios dun importe igual ou superior a 2.000 euros cobraranse nas entidades financeiras autorizadas: BBVA e Caixabank.