O 48.020, segundo cuarto premio do Sorteo de Nadal, cae en Vigo, O Grove e Culleredo

Bólas para a o Sorteo Estraordinario de Nadal. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)

Consulta en Nós Diario as localidades agraciadas.

O número 48.020 resultou agraciado co segundo dos dous cuartos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 200.000 euros á serie. O número foi cantado ás 11.13 horas no segundo arame da quinta táboa. Décimos con estes números foron vendidos en Vigo, O Grove (O Salnés) e Culleredo (comarca da Coruña).

Os premios do Sorteo Extraordinario de Nadal 2024 comezaranse a aboar desde a tarde do 22 de decembro, cando finalicen tanto as verificacións dos números extraídos como os procesos informáticos, como é habitual, e até o 24 de marzo de 2025.

Se os premios son inferiores a 2.000 euros por cada décimo ou resgardo, pódense cobrar exclusivamente nun dos 10.884 puntos de venda da rede comercial de Lotarías, a partir da tarde do 22 de decembro. Neste caso, o premio pode cobrarse en metálico ou a través de Bizum.

Os premios dun importe igual ou superior a 2.000 euros cobraranse nas entidades financeiras autorizadas: BBVA Caixabank.