O 77.768, primeiro cuarto premio do Sorteo de Nadal, vendeuse en 24 localidades galegas

Bólas para a o Sorteo Estraordinario de Nadal. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
Consulta en Nós Diario as localidades agraciadas.

O número 77.768 resultou agraciado co terceiro premio do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 20.000 euros ao décimo, 1.000 euros por euro xogado. O número foi cantado ás 9.57 horas no segundo arame da primeira táboa. Décimos con este número vendéronse en numerosas localidades da Galiza, como Santiago, Vedra (comarca de Compostela), Vilanova (O Salnés), Vigo, Caldas de Reis (comarca de Caldas), San Cibrao (A Mariña), Monforte (Terra de Lemos), Ourense, O Porriño (comarca de Vigo), As Pontes (O Eume), A Coruña, Teo (comarca de Compostela), Val do Dubra (comarca de Compostela), Abadín (A Terra Chá), Salceda (comarca de Vigo), Touro (comarca de Arzúa), Lourenzá (A Mariña), Lugo, Xinzo (A Limia), Laza (comarca de Verín), Pontevedra, O Grove (O Salnés), Moaña (O Morrazo) e Tomiño (O Baixo Miño).

En Santiago de Compostela, Caldas, Vigo e Vilanova de Arousa vendéronse 10 décimos, en cada lugar. Así mesmo, no Porriño vendéronse tres décimos do cuarto e un do terceiro premio.

En concreto, unha serie deste 77.768 foi vendida integramente en Caldas de Reis (comarca de Caldas). Así, nesta localidade repartíronse 200.000 euros.

Os premios do Sorteo Extraordinario de Nadal 2024 comezaranse a abonar desde a tarde do 22 de decembro, cando finalicen tanto as verificacións dos números extraídos como os procesos informáticos, como é habitual, e até o 24 de marzo de 2025.

Se os premios son inferiores a 2.000 euros por cada décimo ou resgardo, pódense cobrar exclusivamente nun dos 10.884 puntos de venda da rede comercial de Lotarías, a partir da tarde do 22 de decembro. Neste caso, o premio pode cobrarse en metálico ou a través de Bizum.

Os premios dun importe igual ou superior a 2.000 euros cobraranse nas entidades financeiras autorizadas: BBVA Caixabank