X ANOS DA CATÁSTROFE DO PRESTIGE

“Nunca Máis” volverá ás rúas o 16 de outubro na Coruña

O día 16 de outubro a plataforma Nunca Máis convocará unha concentración nacional na Coruña, coincidindo co inicio do macroxuízo polo atentado do Prestige. Co obxectivo de demandar “xustiza para o pobo galego” a plataforma cidadá comezará a se reactivar a próxima semana. Realizarán actos comarcais e barallan a posibilidade de convocar tamén unha manifestación en Compostela o 13 de novembro.
Manifestación ás portas do Consello de Ministros na Coruña o 21/01/2003
photo_camera Manifestación ás portas do Consello de Ministros na Coruña en 2003
Comentarios