Yolanda Díaz di que as eleccións galegas constatan que se precisa "máis Sumar"

Díaz, que até agora só se manifestara sobre as eleccións galegas a través da rede social 'X', onde admitiu que o resultado de Sumar fora malo, comentou que a súa formación non conseguiu nesta cita electoral o obxectivo de propiciar o cambio político na Galiza.
Yolanda Díaz esta cuarta feira no Congreso (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press).
photo_camera Yolanda Díaz esta cuarta feira no Congreso (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press).

A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, subliñou esta cuarta feira que os resultados de Sumar nas eleccións galegas non foron bos, mais rexeita que afecten o despregue do seu proxecto político: "máis que nunca necesítase Sumar e organización". Así o trasladou en declaracións aos medios antes de participar na reunión do grupo plurinacional no Congreso, cuestionada polo seu balance dos comicios do 18-F onde Sumar ficou por baixo de 2% dos votos emitidos.

Díaz, que até agora só se manifestara sobre as eleccións galegas a través da rede social 'X', onde admitiu que o resultado de Sumar fora malo, comentou que a súa formación non conseguiu nesta cita electoral o obxectivo de propiciar o cambio político na Galiza.

De feito, a líder de Sumar recalcou que a esquerda non só non cumpriu con esa expectativa senón que o PP experimentou un crecemento en termos de votos absolutos. "O que indica que non fixemos ben as cousas colectivamente e os resultados de Sumar, na Galiza neste caso, non son bos", reiterou.

Cuestionada sobre se as eleccións galegas poden afectar o despregue de Sumar, Díaz respondeu que todo o contrario dado que o vindeiro 23 de marzo celebrarán a primeira asemblea constitutiva do seu proxecto político e que o 18-F constatou que fai falta máis "organización" e "máis Sumar".

"Implantación territorial"

Pola súa parte, a promotora de Sumar Galicia trasladou ás súas bases que o obxectivo do partido unha vez pasadas as eleccións galegas pasa por se centrar na "implantación territorial" da formación, cuxa candidata o pasado 18 de febreiro, Marta Lois, terá "o papel que ela queira ter no futuro" dentro da organización.

Comentarios