sábado 15/08/20

Xunta Electoral dá a razón a Vox e insta a Correos a repartir a súa propaganda electoral para o 12-X

O servizo postal paralizara o reparto ao entender que as mensaxes impresas nos sobres podían vulnerar dereitos.

Vox sobres
Vox sobres

“Los separatistas del BNG invitan a un grupo terrorista a su mitin en Santiago”, “El país vasco proporciona ideología de género a los futuros maestros”. Estes son dous exemplos das mensaxes impresas nos sobres electorais de Vox para as eleccións do 12-X na Galiza e Euskadi.

Correos decidiu non repartir eses sobres por entender que as mensaxes que figuraban vulneraban dereitos fundamentais e invocando o artigo 16 do regulamento que lles prohibe enviar material que implique esas vulneracións.

Porén, a Xunta Electoral Central ordenou desbloquear a propaganda electoral de Vox para as eleccións vascas e galegas, despois de estudar e rexeitar a decisión de Correos.

A Xunta Electoral Central concluíu que Vox non viola ningún dereito e que, por tanto, a propaganda ten que ser distribuída para garantir os seus dereitos políticos e o seu acceso en igualdade á competencia electoral do 12 de xullo.

comentarios