23-X

Sumar propón crear un "algoritmo" para loitar contra a fenda salarial entre homes e mulleres

A cabeza de lista de Sumar Galicia por Pontevedra, Verónica Martínez Barbero, explicou esta segunda feira unha proposta electoral que pasa por crear un algoritmo, con denominación Her, e que ten como obxectivo combater a brecha salarial das mulleres, especialmente, das máis novas.
Verónica M. Barbero (no centro) cabeza de lista de Sumar pola Coruña (Foto: Sumar).
photo_camera Verónica M. Barbero (no centro) cabeza de lista de Sumar por Pontevedra. (Foto: Sumar)

A cabeza de lista de Sumar Galicia por Pontevedra, Verónica Martínez Barbero, explicou esta segunda feira unha proposta electoral que pasa por crear un algoritmo, con denominación Her, e que ten como obxectivo combater a brecha salarial das mulleres, especialmente, das máis novas. En rolda de prensa, Barbero advertiu de que a fenda salarial está na Galiza en 19,3%, pero se se ten en conta só o sector privado, é de 30,4% a brecha salarial entre homes e mulleres.

Acompañada da número dous ao Congreso, Vera Hermida, e da avogada laboralista Elvira Ladín, o "feche de ouro" da lista, a que foi directora xeral de Traballo no ministerio que dirixe Yolanda Díaz defendeu que as medidas do goberno de coalición serviron para "reducir" a fenda, pero entre as mozas de entre 18 e 25 anos subiu 2%.

"Temos moito traballo que facer, desde Sumar Galicia queremos propor un algoritmo", explicou Barbero, quen indicou que se trataría de darlle "a volta" aos algoritmos, que "non son neutros e incorporan rumbo", para precisamente "usar a intelixencia artificial contra a discriminación que sofren as mulleres".

Esta proposta aposta por loitar contra a discriminación que sofren as mulleres e é unha das medidas que levarán á reedición, dixo, do "goberno de coalición, que pasa por votar a Sumar".

Acto en Vigo

Ao fío diso, explicou como se seguirá desenvolvendo a campaña na circunscrición da Coruña, percorrendo o territorio, falando das "cousas pequenas" -parafraseando a Yolanda Díaz, a candidata á Presidencia do Goberno español-, e con encontros sectoriais. "Imos escoitar todas as persoas", manifestou sobre unha territorio que cualificou de "xente traballadora".

Ademais de actos en todas as comarcas, Verónica M. Barbero confirmou a presenza da vicepresidenta segunda do Goberno en Vigo a vindeira sexta feira día 14 de xullo, no "acto máis importante" que supón a "segunda visita" da ferrolá á Galiza tras abrir a campaña electoral coa pegada de cartaces na Coruña.

O acto será na Estación Marítima, xunto ao nadador. "Aí volveremos e teremos a oportunidade de soprar os ventos de cola", dixo, esta vez "da ría de Vigo" para consolidar o goberno de coalición con "Yolanda Díaz como presidenta".

Comentarios