O sector crítico rexeita a proposta de Villares para integralo na coordinadora de En Marea

A actual dirección propuña ampliar o número de membros da coordinadora de 11 a 15 coa intención de intregrar máis “sensibilidades”.

Luís Villares
photo_camera Luís Villares

A Coordinadora de En Marea propuxo na xuntanza deste sábado do Consello das Mareas ampliar o número de integrantes da executiva que lidera o partido instrumental de 11 a 15 membros, unha oferta coa que procuraban “integrar” todas as “sensibilidades”, é dicir, dar cabida aos críticos con Luis Villares. Porén, esta oferta ficou en nada ao ser rexeitada por sete dos integrantes do Consello, prtencentes a ese sector crítico, onde están Esquetrda Unida, Marea Atlántica, Podemos e unha parte de Anova.

O propio Villares recoñeceu que a proposta non saíra adiante pois “non houbo unanimidade” mais valorou como “positivo” que houbese un debate no Consello. O rexeitamento da proposta no Consello das Mareas fai que se chegue á asemblea do partido sen que haxa unha proposta a respecto da coordinadora.

Porén, desde o sector que apoia Luis Villares non desbotan seguir a intentar poñer sobre a mesa novas fórmulas de integración. Non semella tarefa doada vista a fenda existente entre os sectores integrados na coordinadora e os críticos desde que o pasado 2 de abril Luis Villares lograra a portavocía da organización, que sumaba á súa condición de voceiro parlamentar. Os críticos cargaron contra a coordinadora por entender que non era representativa das diferentes sensibilidades que habitan en En Marea. 

Documentos políticos

Desde a coordinadora informouse que entre os documentos políticos que serán debatidos no plenario, estará o de "En Marea como alternativa política das maiorías sociais de Galiza", que considera "central no debate polític"o. Ademais, serán presentados e debatidos dous documentos para explicar as propostas sobre argumentosque consideran fundamentais para o futuro do país. O primeiro deles son "As propostas para o modelo de financiación autonómico". O segundo repasará as necesidades de Galiza desde a perspectiva das infraestruturas. "Infraestruturas para un país".

Anova

De por parte, a Coordinadora Nacional de Anova, que mantivo unha xunatnza este mesmo sábado, indicou que na súa consideración, "neste momento o debate non pode centrase na conformación dos órgaos de dirección de En Marea, senón no debate político".

Comentarios