18-F

O Rueda que pedía "galeguizar" a campaña rodéase dos baróns autonómicos do PP para afirmar que "España xógase moito" o 18-F

A presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, asegura que as eleccións galegas serán “sobre España”. e cargou contra quen "quere impor o nacionalismo" o 18 de febreiro, "fabricando nacións dentro de España".

EuropaPress_5687523_presidente_ppdeg_xunta_alfonso_rueda_acto_partido_junto_lideres_autonomicos
photo_camera Ayuso, Rueda, Moreno Bonilla e Fernández Mañueco (Foto: Europa Press)

O presidente da Xunta da Galiza e candidato do PP nas eleccións do 18 de febreiro, Alfonso Rueda, insistía nestas semanas en que a Galiza ía ser o centro da campaña dos populares. “Galeguizar” a precampaña e a campaña sinalaba Rueda, reiterando que o día 18 íase votar sobre a Galiza e nada máis.

Pero este domingo na Coruña, na acto do PP galego no centro do seu discurso houbo d etodo menos a Galiza. Rueda rodeouse dos baróns do PP nas diferentes comunidades, cos presidentes autonómicos Isabel Díaz Ayuso (Madrid) e Juanma Moreno Bonilla (Andalucia) á fronte. Non eran os únicos. Polo Palexco pasaron máis presidentes de autonomías gobernadas polo PP (Castela e León, Valencia, Murcia), e onde non gobernan viñeron os líderes da oposición (Asturias, por exemplo).

Desde un principio quedou claro nese acto que o 18-F son unhas eleccións onde o adxectivo de galegas é o de menos. Díaz Ayuso xa se encargou de advertir que o 18 de febreiro non só se vai decidir quen goberna na Galiza. Eses comicios van, como non, “sobre España”.

Moreno Bonilla, pola súa parte, dixo que o 18 de febreiro hai que “levantar a voz” ante a situación que está a vivir España. Mesmo pediu aos galegos e galegas que ese día, á hora de ir votar ás eleccións galegas, que pensen “no resto de españois [...] para mandar unha nesaxe alta e clara [...] contra o desgoberno de Pedro Sánchez”.

Na mesma liña, o presidente de Castela e León, onde o PP de Alfonso Fernández Mañueco goberna en coalición con Vox, afirmou que os españois “xogámonos moito nestas eleccións”.

A teor dos discursos, todo parecía indicar que o 18 de febreiro eran eleccións estatais e non galegas. E entón interveu o presidente da Xunta e candidato do PP e confirmou que, efectivamente, os comicios pouco parecían ter diso de “pór a Galiza no centro”.

Alfonso Rueda instou a "parar" desde "a Galiza "con sentidiño" a España "excluínte" de socialistas e nacionalistas. "O noso modelo é ser galegos", expuxo tamén Rueda ante as máis de mil persoas asistentes ao mesmo e nun discurso no que alertou "da Galiza enfurruñada do nacionalismo"; un PSdeG que "quere o que queira Sánchez" e un Podemos e Sumar que "buscan cargos".

Rueda chamou a parar a Galiza de "bos e malos galegos como lle gusta ao nacionalismo". "A Galiza excluínte non é real, o noso modelo é ser galegos e sentirnos tamén profundamente españois, disto vaise a falar tamén o 18 de febreiro", apostilou ao situar en clave estatalestes comicios.

E é que Rueda apelou a "construír España desde Galiza" coa súa demanda de apoio para revalidar a maioría absoluta e "non ser submisos aos desprezos". A eles, referiuse en alusión á política do Goberno estatal e aos seus acordos cos independentistas.

Comentarios