Rajoy desbotará outra vez a investidura se continúa sen os apoios necesarios

O vicesecretario de Acción Sectorial do Partido Popular, Javier Maroto, avanzou que Mariano Rajoy volverá desbotar a investidura se segue sen conseguir os apoios suficientes.

Rajoy

“Se non hai modificacións nos apoios recibidos, non hai razóns para facer un cambio nas posicións”, asegurou este domingo Javier Maroto respecto da investidura do próximo presidente do goberno español. Desta maneira, advertiu de que Rajoy desbotará a investidura máis unha vez se non consegue os apoios suficientes.

Aínda así, Maroto apuntou que “hai que ser moi respectuosos co que faga o rei”. Neste contexto, se o PSOE non anuncia que permitirá a investidura de Rajoy coa súa abstención, o presidente do Goberno en funcións non tentará formar goberno. O PSOE, pola súa banda, anunciou en reiteradas ocasións que non lle dará o seu apoio ao PP nin por activa nin por pasiva.

Comentarios