O PSdeG ve posturas "mornas" na Xunta ante a violencia machista

Noa Díaz pide un "reforzo" na prevención.
A deputada do Partido Socialista Noa Díaz. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A deputada do Partido Socialista Noa Díaz. (Foto: Nós Diario)

A portavoz de Igualdade do PSdeG no Parlamento galego, Noa Díaz, exixiu esta cuarta feira á Xunta da Galiza que actúe "con contundencia" e reforce a prevención, abandonando "posturas mornas" ante "a escalada de casos de violencia machista".

A deputada socialista rexistrou unha iniciativas para instar a Xunta a tomar medidas urxentes fronte á violencia contra as mulleres, especialmente centradas en reforzar o ámbito educativo e "a sensibilización de toda a sociedade" ante o que considera "unha escalada de violencia machista sen precedentes" que esixe non permanecer "pasivos". Lembrou que no que vai de 2023  na Galiza "houbo dous feminicidios e un alza da violencia de xénero".

Igualdade

Noa Díaz esixiu ao presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, unha actuación "contundente", que se comprometa "a sensibilizar a toda a sociedade", que incorpore a educación afectivo sexual no currículo educativo e que "rectifique e recupere a materia de igualdade de xénero, eliminada este ano de maneira inexplicábel".

Comentarios