O PSdeG carga contra Rueda por defender os "malos tratos institucionais"

Deputadas socialistas arroupan Iria Malvido.
Foto-Iria-Malvido-Carmela-Silva-Lara-Méndez-mulleres-socialistas-271223-02-1200x675
photo_camera Carmela Silva e Iria Malvido, no centro, con cargos do PSdeG (Foto: Nós Diario)

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, cargou contra o presidente da Xunta da Galiza e líder do PP galego, Alfonso Rueda, por "liderar" os "malos tratos institucionais" que, ao seu xuízo, está a practicarse contra a tenente de alcaldesa de Cangas (comarca do Morrazo), Iria Malvido, após o sucedido no último pleno municipal co edil do PP José Luis Xestido. 

Cargos e deputadas do PSdeG arrouparon esta cuarta feira Malvido nunha comparecencia no Parlamento galego, desde onde volveron demandar o cesamento de Xestido pola "agresión" que, din, cometeu o concelleiro do PP.

Despois de que, a terza feira, Rueda manifestase que os vídeos sobre o incidente non revelan que existise tal "agresión", as socialistas expresaron a súa "estupefacción total" con estas palabras do presidente galego, "que ten que representar toda a cidadanía, todos os cargos públicos e que ten que defender a democracia".

Así o expresou Silva, que incidiu en que o vivido no último pleno municipal "non é un caso illado" pois, di, os membros do PP dedican "insultos" e "faltas de respecto".

A tenente de alcalde de Cangas, Iria Malvido, cualificou de “intolerábel” o comportamento de Rueda logo de que un representante do PP “se levantase do seu asento para vir atacarme o meu espazo”. Advertiu que “non foi un caso illado”, que forma parte dunha actitude reiterada dende que foi conformado o goberno de esquerdas “porque non soportan non ter acadado a alcaldía”.

Comentarios