Os orzamentos de 2024 teñen un desfase de 336 millóns de euros

O Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) reuniuse esta segunda feira despois de 17 meses. A orde do día fixaba para a xuntanza deste órgano onde Goberno estatal e territorios debaten sobre financiamento un punto: o obxectivo de déficit, que vai ser 0,1% para as comunidades. Un dato chave para elaborar os Orzamentos do Estado 2024 e que tamén ten incidencia nas contas das autonomías, entre elas a galega.
Vista general de la reunión del Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF) presidida por la vicepresidenta cuarta y ministra de Hacienda y Función Pública, en la sede del Ministerio, a 11 de diciembre de 2023, en Madrid (España). El Gobierno ha convocado al Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF) con el objetivo de informar a las comunidades autónomas de los objetivos de estabilidad que servirán de referencia para preparar los Presupuestos Generales del Estado (PGE) de 2024. Este órgano, del que forman parte los gobiernos central y autonómicos, debe emitir un informe previo a la aprobación de esa senda de estabilidad, que también debe ser tenida en cuenta para la preparación de los presupuestos de cada una de las comunidades.
11 DICIEMBRE 2023;HACIENDA;CCAA;COMUNIDADES AUTONOMAS;DÉFICIT
Carlos Luján / Europa Press
11/12/2023
photo_camera O Consello de Política Fiscal e Financeira reuniuse onte por vez primeira desde hai 17 meses. (Foto: Europa Press)

Os cálculos da Xunta da Galiza para a elaboración dos Orzamentos 2024 fixéronse descoñecendo a contía das entregas a conta e os obxectivos de déficit do Estado, información que non fora trasladada naquela altura polo Ministerio de Facenda, criticaba o Goberno galego. Este "descoñecemento" fixo que as contas galegas para 2024, ao non se aprobar as estatais, poidan ter "algún problema de liquidez" de ao redor de 336 millóns de euros, segundo recoñecera o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, atribuíndo esa situación a que as entregas a conta do Goberno español "son as mesmas do ano pasado" mentres que o Executivo galego "si que as actualiza". En San Caetano calcularon para facer os orzamentos ingresos de 9.123 millóns de euros por este concepto.

Corgos afirmou esta segunda feira que falar dos obxectivos de estabilidade para os orzamentos de 2024 en decembro "non achega nada", debido a que a Xunta ten xa feitas e a piques de aprobar as contas do ano que vén. De esperar a esta reunión, engadiu, "non teriamos orzamentos até ben entrado 2024". Na cita do Consello anunciouse un 15% máis do sistema de financiamento para as comunidades. 

Sobre o CPFF pairaron cuestións que non figuraban na orde do día, como a reforma do financiamento autonómico. O actual sistema de financiamento está prorrogado desde 2014. Aprobado con rango de lei á volta de 2009, cos votos favorábeis do PSOE e coa abstención do PP, fixa na súa disposición adicional sétima a obrigatoriedade de ser revisado en 2014, porén, mantense prorrogado desde entón.

Facenda presentou ás comunidades unha proposta de modelo de financiamento en decembro de 2021. A finais de xaneiro de 2022 as comunidades remitiron as súas alegacións e desde entón non houbo outra proposta oficial. Desde a Xunta afirmouse que esa proposta implicaba para a Galiza 802 millóns menos que o custo dos servizos públicos básicos.

Nas últimas horas, as forzas galegas volveron falar sobre o financiamento e o CPFF. Así, o portavoz do PP na Cámara galega, Alberto Pazos, lamentou que a cita non abordara temas como a repartición dos fondos Next Generation e cargou contra a "condenación da débeda a Catalunya".

A portavoz do BNG, Ana Pontón, lamentou esta segunda feira que a Xunta acudira ao CPFF cunha posición "partidista" e "non de país" e pediulle que "aproveite" o acordo de investidura do BNG e o PSOE para acollerse á condonación de débeda. Pontón dixo que este CPFF debería servir para tratar un novo modelo de financiamento que deixe atrás o actual, "asinado por Alberto Núñez Feixoo", xa que é un modelo que "discrimina Galiza".

Desde o PSdeG, pola súa parte, foi o candidato á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, quen falou, e fíxoo para pedir ao Goberno galego que "abandone" nas reunións do CPFF as posicións "partidistas".

Comentarios