O PP rexeita as propostas para a mellora do financiamento local da oposición

Nacionalistas e socialistas advirten dos custos das "competencias impropias"
comision  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interio
photo_camera Unha reunión da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior (Foto:Parlamento da Galiza)

O Partido Popular rexeitou esta terza feira dúas proposicións non de lei, unha presentada polo BNG e outra polo PSdeG, que demandaban a mellora do financiamento dos concellos para poder así facer fronte aos gastos e investimentos derivados de servizos que. moitas veces, non son da súa exclusiva competencia mais que teñen que sufragar.

As dúas iniciativas coincidían en reclamar que se aumentase de maneira urxente a achega que o Fondo de Cooperación Local da Xunta da Galiza destina aos concellos, mais o PP votou en contra, e preferiu sinalar as "responsabilidades" do estado español no infrafinanciamento dos concellos galegos.

Oscar Ínsua (BNG), manifestou que os problemas que están sufrindo a gran maioría dos concellos galegos pola falla dun "xusto financiamento das súas economías, non é unha novidade" mais "os anos pasan" sen que a Xunta "pareza disposta a resolver a curto prazo unha demanda unánime no municipalismo". O deputado nacionalista incidiu en que o aumento do financiamento "non é unha demanda partidista, é unha reclamación dos concellos, de calquera cor política". 

Pola súa parte, Julio Abalde (PSdeG) denunciou o "infrafinanciamento municipal", incidindo en que entre 2019 e 2022 a achega da Xunta dirixida aos municipios nos seus orzamentos apenas chega aos 350 millóns de euros anuais. A Feder

ación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) afirma que cada ano asume unha débeda de 600 millóns por "competencias impropias".

Para Argimiro Marmotes (PP), e pode dubidar do compromiso do Goberno galego coa economía dos concellos, afirmando que aumentou a súa achega para a Administración local estes anos.

Comentarios