O PP revalidaría a maioría absoluta este 25S segundo os inquéritos electorais

En Marea consegue sorpassar o PSdeG na maioría de sondaxes, mentres o BNG podería acadar entre dous e seis escanos. Ciudadanos estaría ás portas de obter representación en Galiza. 

A unha semana dos comicios galegos, as enquisas coinciden en sinalar o PP como vencedor das eleccións do 25 de setembro onde, á vista de todos os inquéritos publicados, revalidaría a maioría absoluta. En Marea conseguiría sorpassar o PSdeG segundo a maioría de sondaxes, mentres o BNG acadaría entre dous e seis escanos no Parlamento galego. Ciudadanos podería conseguir até dous representantes ou quedarse fóra do hemiciclo. 

O BNG estaría entre os catro e os seis escanos, segundo a enquisa de Sigma Dos.

A candidatura do popular Alberto Núñez Feijóo repetiría un resultado próximo en porcentaxe de votos con respecto ás eleccións de 2012 (entre o 45% e o 46%), o que lle garantiría a maioría absoluta. Pola súa banda, a confluencia encabezada por Luís Villares superaría o 20% en expectativa de voto e pasaría –agás na realizada por Infortécnica– aos socialistas galegos como segunda forza do país.

A maioría de enquisas reflicten que En Marea superaría como segunda forza o PSdeG.

A fronte nacionalista liderada por Ana Pontón moveríase entre o 5 e o 7% dos votos aínda que, na publicada por Sigma Dos, o teito do BNG estaría entre os catro e os seis escanos. Ciudadanos quedaría por baixo por 5% en intención de voto.

Recollemos os resultados das principais enquisas publicadas este domingo: 

Comentarios