PP e alcalde de Ourense critican a unha concelleira do BNG por opinar que Otegi non debe seguir preso

Ximena González expresou no transcurso do pleno municipal a súa opnión de que Arnaldo Otegi está na cadea por defender “a liberdade do seu país”. O PP galego xa a atacou,mesmo nas redes sociais, por dicir iso. O rexedor socialista exixiulle que retirase esa opinión

Falar de Otegi na Galiza (aínda) proe. “Apoio a Arnaldo Otegui que está preso por defender a libertade do seu país”. A frase da concelleira nacionalista Ximena González no transcurso do pleno de Ourense xerou o malestar tanto do alcalde socialista como do PP de Galiza

O rexedor do PSdeG instouna a retirar a frase, pronunciada no transcurso do debate dunha moción sobre os despexos, ao que se tería negado a edil. O PP de Galiza optou por recurrir a twitter, e a través da súa conta sinalou que “os nacionalistas seguen a buscar referentes políticos equivocados”

No transcurso desta sesión plenaria, Ximena González, lembra na súa conta de twitter, tamén interviu para solicitar compromisos coa comisión de despexos, alén de defender as ducias de empregos destruídos en T-Solar ou denunciei os recortes do PP, "pero iso non se di"


 


 

Comentarios