Eleccións Municipais

Pontón pon os Gobernos do BNG como "referentes de calidade de vida"

A líder nacionalista arroupou Marga Caldas en Poio.
POIO_DEPORTE BASE_BNG_10M_5

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou eta quinta feira Poio (comarca de Pontevedra) para manter un encontro con representantes de diversas organizacións deportivas e varios membros da candidatura do BNG para as vindeiras eleccións municipais do 28-M, que encabeza Marga Caldas. A líder nacionalista lembrou que "Poio é un referente na Galiza neste ámbito" e que "Marga Caldas tivo moito que ver porque foi a responsábel desta área de Goberno ao longo destes últimos anos".

Pontón, ademais, quixo destacar o modelo municipal "de éxito" do BNG, capaz de facer que "os concellos nos que goberna sexan un referente en calidade de vida". Un modelo, engadiu,se caracteriza por "situar as persoas no centro das políticas".

Rubén Arroxo presenta o programa para Lugo

O candidato do BNG á Alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, presentou onte programa de Goberno  para o vindeiro mandato. Arroxo sinalou que o programa é un documento para "completar o cambio que Lugo comezou neste mandato" e contén medidas centradas nos diferentes ámbitos de actuación sobre os que o Goberno municipal ten responsabilidade.

A conservación do medio, políticas transversais de xénero, potenciación do casco histórico e servizos sociais son prioridade no programa, que conta con perto de 150 iniciativas Arroxo afirmou que “neste mandato cumprimos 95% do programa nas áreas que xestionamos”.

"Novo rumbo a Vigo"

O candidato nacionalista en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, presentou o seu "programa aberto" con 629 propostas concretas para dar "un novo rumbo" á cidade. O BNG suma na súa alternativa “en positivo” achegas e ideas recollidas durante máis de 50 encontros con diferentes colectivos e entidades no que participaron varios centos de persoas.

Comentarios