Pontón pon o acordo de investidura como exemplo da "política útil"

Expuxo en Pontevedra e Vigo as vantaxes do pacto para ambas as dúas cidades
PTV
photo_camera Miguel Anxo F. Lores, Ana Pontón e Carme da Silva (foto: Nós DiariO)

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, debullou onte en Vigo e Pontevedra o contido do acordo de investidura asinado pola formación nacionalista co PSOE esta segunda feira e que presenta como un exemplo da "política útil" que vai "en beneficio do país e da cidadanía".

A líder da oposición principiou a xornada en Vigo. Alí, acompañada do deputado no Congreso Néstor Rego e o portavoz municipal Xabier Pérez Igrexas, salientou os beneficios do acordo de investidura do BNG para a cidade que "vai mellorar a súa mobilidade grazas a importantes actuacións en materia de infraestruturas". Os novos descontos nas peaxes da AP-9, a posta en marcha do servizo ferroviario de proximidade ou a mellora das conexións con Portugal on algunhas desas vantaxes.

“En campaña electoral comprometémonos a defender os intereses da Galiza en Madrid e a ser muro de contención contra a dereita e a ultradereita e cumprimos as dúas”, afondou Néstor Rego. Pola súa banda, Xabier P. Igrexas sinalou que o acordo “non é teito de nada, senón un sólido solo para seguir avanzando na mellora da atención das necesidades de Galiza e de Vigo".

Xa en Pontevedra, Pontón dixo que “o acordo que conseguiu o BNG pon a Pontevedra na axenda do Estado e mellora a vida dos seus cidadáns”.

Afirmou que a cidade terá máis medios para loitar contra a violencia de xénero e avanzará en infraestruturas e mobilidade, co compromiso de ter tren de proximidade antes de que remate a lexislatura". Tamén se referiu á importancia “máis simbólica” que ten para Pontevedra a declaración de recoñecemento e reparación, incluída no acordo, en relación co consello de guerra e condena a morte a Alexandre Bóveda. 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, deixou clara a diferenza que existe para Galiza e para Pontevedra cando o BNG está nas Cortes do Estado: “Cando o BNG está nas Cortes os proxectos do Estado para Pontevedra avanzan

Comentarios