Pontón declara que "o BNG está forte" para as municipais

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, destacou que a formación nacionalista "está forte" para a cita electoral do próximo 28 de maio de 2023 e confiou en que "será a forza que máis suba", porque a Galiza "necesita máis BNG" nos concellos.

Ana Ponton
photo_camera Ana Ponton

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, destacou que a formación nacionalista "está forte" para a cita electoral do próximo 28 de maio de 2023 e confiou en que "será a forza que máis suba" nesta cita electoral, porque a Galiza "necesita máis BNG" nos concellos.

"Demostramos con feitos, a través dos seus gobernos locais, a súa capacidade para mellorar a vida das persoas e xerar dinamismo económico e social", salientou Pontón, que este sábado acudiu a Maceda e Vilar de Santos no marco da rolda polos municipios antes das eleccións do próximo ano.

"O BNG está forte para estas eleccións municipais e estou convencida de que será a forza política que máis suba nestes comicios, porque o que precisa a Galiza é máis BNG nos concellos", salientou Pontón, quen sostén esta previsión sobre a "exitosa capacidade de xestión e de transformación en positivo demostrada polos gobernos liderados polo Bloque".

 

"Demostramos con feitos que os gobernos municipais son capaces de mellorar a vida das persoas, de xerar dinamismo económico, cohesión social, que apostan pola nosa lingua e cultura, en definitiva, que son a mellor garantía de avance e progreso", salientou.

E "precisamente nunha provincia como Ourense", agregou, "pode verse o contraste entre as políticas do Bloque e as do PP" e observarse "a regresión" e as fórmulas "non precisamente democrática, senón caciquís, do PP", fronte ao "avance" de concellos como Allariz, Baños de Molgas, Vilar de Barrio ou Vilar de Santos: "que son concellos con dinamismo, transparentes e democráticos".

O BNG, destacou, é "a alternativa ao PP, unha alternativa que está forte, que crece e que vai ir a por todas nas próximas eleccións municipais". "Non nos pomos teito porque sabemos que temos o mellor proxecto para a Galiza, imos a por todas coa máxima ilusión", salientou.

En Maceda, Pontón mantivo encontros cos responsables do tecido empresarial, comercial e veciñal, xunto cos responsables políticos locais e militancia. Como segunda parada, en Vilar de Santos onde o BNG goberna con maioría absoluta e é a única forza da corporación local, parou para presentar ao candidato e actual rexedor, Antonio Míguez. 

Comentarios