O Parlamento debate se desvincular a designación da Dirección Xeral da CRTVG do Goberno galego

A iniciativa, impulsada polo BNG, insta a promover a selección dos membros do Consello de Administración a través dun pocedemento de concurso público.
Sánchez Izquierdo, no Parlamento, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press)
photo_camera Sánchez Izquierdo, no Parlamento, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)

O Parlamento debate hoxe unha proposición de reforma da Lei de 2011 dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galiza, presentada polo BNG. A proposta incide no incumprimento de importantes aspectos desa lexislación máis dunha década após se aprobar, polo que presentavarias achegas de cara a "un sistema audiovisual que reflicta a realidade con obxectividade e imparcialidade".

Nesta liña, a iniciativa propón que "é preciso desvincular a designación da Dirección Xeral do Goberno galego e promover a selección dos membros do Consello de Administración nun concurso público e así reforzar a súa independencia e o desenvolvemento da misión de servizo público baixo criterios de estrita profesionalidade".

Lembra a formación nacionalista que o actual director da corporación pública, Alfonso Sánchez Izquierdo, "foi nomeado polo presidente da Xunta da Galiza en 2009 e prorrogado, sine die," até hoxe.  "De entre todos os incumprimentos, un dos máis gravosos para o correcto funcionamento da Corporación é o mantemento da Dirección Xeral en mans dunha persoa que foi elixida por un procedemento alleo ao disposto na lexislación vixente que vincula o cargo co apoio de dous terzos do Parlamento", explócase na proposta. 

Reformas estruturais

A organización nacionalista explica que este tipo de modificacións non veñen da nada, senón que desde 2018, traballadoras e traballadores da CRTVG veñen reclamando o cumprimento da Lei 9/2011 , o cesamento do control e manipulación informativa así como "a incorporación de mudanzas que blinden a profesionalidade, obxectividade, neutralidade e pluralidade informativas".

A proposición propón reformar a mencionada lei nos seus artigos 14, 15 e 23, para alén da disposición transitoria cuarta. O que se procura é unha maior transparencia e onxectividade na escolla dos órganos da compañía de emdios públicos galegos. 

A deputada nacionalista Olla Rodil preguntou recentecemente en sede parlamentaria ao director xeral da CRTVG polo "incumprimento" do Estatuto profesional e a non posta en marcha do Consello de informativos previstos na lei de medios, sen ter resposta por parte de Sánchez Izquierdo.

Rodi acusou o PP de ser "quen está bloqueando" esta renovación, que leva a que Sánchez Izquierdo continúe no cargo co mandato caducado, mentres o líder dos populares, Alberto Núñez Feixoo, "vai por aí dicindo que hai que despolitizar os medios dos demais".

Sánchez Izquierdo, pola súa parte, defendeu que "é incuestionábel" a súa lexitimidade á fronte da corporación pública, cargo no que leva desde a chegada do PP á Xunta en 200o.

Comentarios