Defende a Galega

Concentración de traballadoras e traballadores dos medios públicos diante do Parlamento. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A CRTVG nega "represalias" no cambio de postos do persoal mais advirte que haberá máis

Para o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, non hai problemas de conflitividade laboral no ente público, e a que hai derívase de "factores exóxenos" relacionados coa proximidade das eleccións municipais e os comicios sindicais. Na CRTVG non hai "represalias", dixo, no cambio de funcións repentino para traballadoras e traballadores que se mostraron críticos coa dirección da compañía ou co PP, pero vai haber máis cambios, avisou.
A asemblea de traballadores e traballadoras da CRTVG decorreu no exterior das instalacións. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG pide a dimisión de Diego Calvo pola situación na CRTVG

O vicepresidente segundo acusa o nacionalismo de "trumpismo"
Redacción da CRTVG nos estudos de San Marcos, en Compostela. (Foto: CRTVG)
POLÍTICA

A Xunta responde á folga na CRTVG aludindo ás audiencias

O BNG exixe "cumprir a lei" e cambiar a dirección do ente público.
BNG lei tramitacion crtvg parlamento galego-min
POLÍTICA

O PP veta no Parlamento a admisión dunha proposición para "despolitizar" a CRTVG

A proposta defendía mudar o modelo de escolla do director xeral e Consello de Administración.
Sánchez Izquierdo, no Parlamento, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O Parlamento debate se desvincular a designación da Dirección Xeral da CRTVG do Goberno galego

A iniciativa, impulsada polo BNG, insta a promover a selección dos membros do Consello de Administración a través dun pocedemento de concurso público.

CRTVG e responsabilidade

O xornalista da Radio Galega Carlos Jiménez leva case 30 anos traballando para os medios públicos. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Carlos Jiménez, expedientado pola CRTVG: "A sentenza do TSXG demostra que non debemos axeonllarnos ante o que é unha inxustiza"

O xornalista da Radio Galega Carlos Jiménez foi expedientado en 2018 pola CRTVG por mor dunha presunta "incompatibilidade" laboral que agora a Xustiza atribúe á súa participación no movemento 'Defende a Galega'. Jiménez conversa con 'Nós Diario' após coñecer o veredicto e asegura que ninguén o chamou aínda para pedir desculpas. "Só espero que asuman responsabilidades", afirma, convencido de que "a Xustiza neste país funciona" e que cómpre "denunciar todas as inxustizas". O propósito dos 'Venres Negros', subliña, non é "facer dano" á compañía, senón, precisamente, "defender uns medios que son de todas e todos".
O humorista, guionista e locutor Carlos Jiménez (Foto: Defende a Galega).
Xustiza

O TSXG ratifica unha condena á CRTVG por "vulnerar os dereitos" dun traballador que participaba dos 'Venres Negros'

O xornalista Carlos Jiménez foi expedientado por unha causa que a Xustiza atribúe á súa participación no movemento a prol da liberdade de información nos medios públicos. Será indemnizado con 6.251 euros.
Profesionais de Defende a Galega foron represaliados por participar na iniciativa. (Foto: Defende a Galega)
SOCIAL

200 venres negros na CRTVG denunciando a manipulación informativa e a censura

Durante case catro anos, profesionais da Corporación de Radio e Televisión da Galiza reclaman cada sexta feira, ataviadas con camisolas negras co lema Defende a Galega, que a cadea cumpra a Lei e se comporte como un verdadeiro medio público. A súa loita levou a iniciativa a facerse co premio José Couso para a Liberdade de Prensa.
Sánchez Izquierdo, no Parlamento, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press)
SOCIAL

CRTVG defende a sanción a un traballador a pesar de ser anulada pola xustiza

O director xeral da compañía afirma que recorrerá a decisión xudicial.
Sés. (Foto: Mirmidón Producións)
star
Entrevistas

Sés: "Entrevístanme máis na Radio Nacional Española que na Radio Galega"

Definir a María Xosé Silvar en 550 caracteres é moi complicado. Dicir que Sés é unha cantante sería mentir. Unha persoa que escribe, que musica, que compón, que arranxa, que edita, que produce, que pon os seus cartos para poder publicar os seus discos é moito máis do que engloba a palabra cantante. Porque ela é como as súas entrevistas. Un todo no que conviven a emoción e a razón. As risas e os enfados. Os momentos de reflexión e os de deixarse levar. María Xosé Silvar é, igual que todas as persoas, un universo enteiro feito ser humano.
O humorista, guionista e locutor Carlos Jiménez (Foto: Defende a Galega).
SOCIAL

Visto para sentenza, con "boas sensacións", o xuízo do locutor Carlos Jiménez contra a CRTVG

Jiménez levara os medios públicos ante a Xustiza após ser sancionado por unha suposta "incompatibilidade" no seu contrato, algo que a CUT cualifica de "represalia" pola súa defensa activa do movemento Defende a Galega.

E van 174...

Persoal da CRTVG ás portas da compañía. (Foto: Defende a Galega)
CULTURA

O colectivo Defende a Galega rexeita os recortes en información da CRTVG para o verán

A través das súas redes sociais pregúntase se os medios públicos galegos están "de rebaixas de verán ou de liquidación por peche?".
Imaxe dalgunhas das empregadas da corporación pública. (Foto: Defende a Galega)  #defendeagalega #protesta #crtvg #mediospúblicos #valedoradopobo
SOCIAL

A Valedora insta a CRTVG a contratar empresas con "plans de igualdade" após o episodio machista do Land Rober

A institución admitiu a trámite a protesta polo "incumprimento reiterado da lei de medios" por parte da corporación pública.
Membros do colectivo Defende a Galega (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Defende A Galega denuncia ante a Valedora do Pobo o incumprimento "reiterado" da Lei de medios

O escrito da plataforma de traballadoras e traballadores dos medios públicos da Galiza sinalan o quebrantamento da “obxectividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa".
Imaxe distribuída pola plataforma a través dun vídeo. (Foto: Defende A Galega) #defendeagalega #crtvg #tvg #vacinación #coronavirus #testemuña #informativos
POLÍTICA

A TVG fai pasar por unha testemuña de rúa da vacinación a un xefe dos seus informativos

Defende A Galega, plataforma de traballadoras da canle pública, denuncian o acontecido nunha edición do Telexornal Mediodía. As persoas críticas coa xestión da CRTVG ven nesta elección da testemuña "preguiza informativa ou cámara de eco?".
Membros do colectivo Defende a Galega (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Tres anos en defensa dos medios públicos

No terceiro aniversario dos "Venres Negros", o colectivo Defende a Galega afirma que a única mudanza significativa foi "a conciencia dunha cidadanía cada vez máis comprometida".

Defendamos a Galega

Protesta do cadro de persoal da CRTVG integrante do colectivo Defende a Galega nunha acción por un Venres Negro. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

151 semanas denunciando o "desmantelamento" e a "manipulación" da CRTVG

Após case tres anos demandando mudanzas significativas no seo da dirección da CRTVG, as e os xornalistas lamentan que todo segue igual. Os partidos da oposición presionan o Goberno para elixir o director xeral con base na Lei de Medios e o PP defende a xestión de Alfonso Sánchez Izquierdo.