Pablo Montesinos: "O Estado español perde un gran presidente do Goberno, que é Pablo Casado"

Desde que Pablo Casado mostrou as súas sospeitas publicamente en relación as irregularidades cometidas pola comunidade Madrid na adxudicación de contratos sanitarios ao irmán da presidenta, Isabel Díaz Ayuso, Montesinos defendeu a postura ditada polo presidente estatal do PP, e seguiuna mantendo até ó último momento.
Pablo Montesinos. no congreso dos Deputados a pasada quinta feira. (Foto: Europa Press)
photo_camera Pablo Montesinos, no congreso dos Deputados a pasada quinta feira. (Foto: Europa Press)

O vicesecretario de Comunicación do Partido Popular (PP), Pablo Montesinos, afirmou que "o Estado español perde un gran presidente do Goberno, Pablo Casado", unha vez que o congreso dos populares en Sevilla oficializará a presidencia estatal de Alberto Núñez Feixoo.

Montesinos asegurou desexou "éxito" e "acerto" para o aínda presidente da Xunta, mais volveu ter palabras de agarimo e lealdade para o que foi presidente do PP durante pouco máis de tres anos e medio.

"Deséxolle o mellor a Feixoo e a todo o seu equipo. Pero teño que falar co corazón e o meu corazón dime que estamos a perder un gran presidente do Goberno, que é Pablo Casado", declarou Montesinos, quen dixo estar. moi agradecido ao aínda líder do PP "pola confianza".

O deputado popular no Congreso tamén sinalou que este será o seu último acto como integrante da dirección estatal do Partido Popular, xa que nas vindeiras datas formalizará a súa renuncia, tanto ao seu posto como á acta de deputado.

Fiel a Pablo Casado

O pasado 2 de marzo, Montesinos xa anunciaba publicamente que deixaría o seu escano tras o congreso de Sevilla. "Foi unha auténtica honra ser deputado pola miña terra, Málaga", afirmou o responsábel de Comunicación do PP.

Desde que Pablo Casado mostrou as súas sospeitas publicamente en relación ás irregularidades cometidas pola comunidade Madrid na adxudicación de contratos sanitarios ao irmán da presidenta, Isabel Díaz Ayuso, Montesinos defendeu a postura ditada polo presidente estatal do PP, e seguiuna mantendo até ó último momento.

Xornalistas e políticos de todo o Estado español louvaron a súa fidelidade, que se fixo patente mesmo cando Pablo Casado interviu por última vez no Congreso, para despois saír do edificio, precisamente acompañado de Montesinos.

A falta de que sexa oificial, xa falou con Gamarra, portavoz do Grupo Popular do Congreso e nova secretaria xeral do PP con Feixoo, para coordinar a súa saída da Cámara Baixa, que seguramente será en Semana Santa, segundo informaron a Europa Press fontes próximas ao deputado malagueño.

Comentarios