Unanimidade na Cámara en prol do transporte no Barbanza

Na comisión segunda do Parlamento da Galiza reunida onte os grupos da oposición (BNG e PSdeG) pediron á Xunta da Galiza "medidas" para abordar a situación actual do servizo de transporte público e escolar.
A empresa Monbus controla 80% das concesións de transporte (Foto: Monbus).
photo_camera A empresa Monbus controla 80% das concesións de transporte (Foto: Monbus).

A Comisión segunda de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos aprobou por unanimidade unha proposición non de lei para que a Xunta da Galiza aborde a situación actual do servizo de transporte público e escolar na comarca do Barbanza. O grupo do BNG, que propuxo a iniciativa e aceptou unha emenda de substitución do PP, denunciou que levan anos traendo ao Parlamento galego iniciativas como esta e que, nos últimos dous anos, "non só non houbo avances, senón que houbo retrocesos".

De feito, desde o BNG apuntaron que, a cidadanía do Barbanza está "tan molesta" que se organizou e puxo en marcha unha plataforma para reclamar un transporte digno para a comarca".

Pola súa parte, o PSdeG preguntou á Xunta as medidas que ten previsto implementar ante os "problemas constatados que sofre o transporte público galego". "Vai a Xunta analizar e dar resposta ás queixas dos usuarios e usuarias do transporte público competencia do Goberno galego? cuestionaron desde o PSdeG ante o que o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, respondeu acusando os socialistas de "demagoxia". "Alí onde vostedes gobernan, a incapacidade ou o abandono é o que prima", manifestou o director xeral.

Comentarios