A nova Lei de Universidades impedirá aos colexios maiores segregar por sexo

En concreto, o texto engade un novo apartado á Disposición Adicional Sétima da lei para que os colexios maiores privados que teñan un réxime non mixto ou segregado non poidan adscribirse a unha universidade pública.
Colexio Maior Universitario Elías Ahuja, en Madrid. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
photo_camera Colexio Maior Universitario Elías Ahuja, en Madrid. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)

A nova Lei Orgánica de Universidades (LOSU), que se encontra nestes momentos en tramitación parlamentaria no Congreso dos Deputados, impedirá aos colexios maiores adscritos á universidade pública segregar por sexo, tras admitirse unha emenda presentada por Máis País-Equo.

Pola súa parte, o BNG tamén presentara unha emenda naquela o mesmo día que Máis País-Equo (mediados de outubro de 2022) na cal solicitaba que "non poidan recibir financiamento público aqueles colexios maiores que segreguen por sexo as persoas residentes".

"Conseguímolo: non haberá colexios maiores adscritos á Universidade Pública que separen por xénero. Acabáronse os Elías Ahúja co diñeiro de todos. Así será na nova Lei de Universidades", subliñou o líder de Máis País-Equo, Íñigo Errejón, após coñecerse a aceptación da emenda.

O texto legal

En concreto, o texto engade un novo apartado á Disposición Adicional Sétima da lei para que os colexios maiores privados que teñan un réxime non mixto ou segregado non poidan adscribirse a unha universidade pública.

Así mesmo, a emenda sinala que "aqueles convenios que se encontren vixentes á entrada en vigor desta Lei, poderán manterse até o seu vencemento, pero non renovarse".

"Desde as universidades públicas débese garantir un modelo de residencias de estudantes que se rexa polos principios de igualdade", apunta o documento.

O BNG e Máis País-Equo rexistraron sendas emendas despois de que se fixese viral un vídeo en redes sociais en que alumnos do Colexio Maior (CMU) masculino Elías Ahúja amedrentan as súas compañeiras do CMU Santa Mónica (feminino) proferíndolles berros como "ninfómanas" e "putas",

Comentarios