En Marea renova a súa dirección

Integrada por 35 persoas, que facían parte da única candidatura presentada no proceso, ' Obxectivo 2020: polo cambio en Galicia'.

en marea direccion
photo_camera en marea direccion

En Marea renova a súa dirección cun Consello das Mareas coa vista posta nas eleccións galegas do ano 2020 e sen desbotar unha hipotética repetición electoral no Estado.  A configuración deste novo Consello busca “a consolidación de En Marea como motor do espazo político progresista galego, que conta con tres acentos: o feminismo, o ecoloxismo político e a loita para a superación da precariedade laboral” 

Esta terza feira, coa primeira xuntanza, prodúcese o relevo na dirección de En Marea. Elixida mediante un sistema aberto a todas as inscritas, a nova dirección sae da candidatura "Obxectivo 2020: polo cambio en Galicia”, a única que se presentou ao proceso de escolla. Polo tanto, esta lista plural foi proclamada automáticamente. 

Entre as 35 integrantes do novo Consello atópanse persoas do ámbito parlamentario e institucional, representantes de diferentes concellos e activistas de movementos sociais e veciñais. 

Luís Villares Naveira, Ana Seijas Baranauskas, Francisco Casal Vidal, María Dolores Candedo Gunturiz, Ramón Veras Castro, Iolanda Pérez Docampo, Adrián Dios Vicente, M. Carmen González Nóvoa, Víctor Alvarez Arias, Teresa Burgo García, Xoán Losada Martínez, Ánxeles Faraldo Vallés, Javier Arca Uría, Beatriz Gómez Gómez, Xoán Lois Vila Pinel, Carmen María Fernández Ríos, Juan José Insua Insua, Estefanía Otero Rivas, Javier Rocamora, María Chao Martínez, Jorge Lorenzo Vila, Sara Valenzuela, Constantino Cordal, María del Sagrario Fernández Méndez, Xosé Manuel Sardiña, Luz Marcos Buján, Iván Rodríguez Lombardero, Paula Álvarez, Iván Olmos Ferreiro, Aura Leirós García, Francisco Manrique González Rodríguez, Maricarmen Durán, Bernardo Cuétara, Mónica Díaz Carrodeguas e Javier González Campos forman o novo Consello das Mareas.

A viceportavoz e deputada no Parlamento gen representación de En Marea Paula Vázquez Verao tamén se incorporará ao Consello en representación do Grupo Parlamentario. 
 

Comentarios