Luis López confirma que será o próximo presidente da Deputación de Pontevedra

Luis López deu esta sexta feira unha rolda de prensa na sede do PP de Pontevedra para "comezar a informar dos primeiros detalles do Goberno da Deputación" da que el aspira a presidir.
Marta Fernández-Tapia e Luis López esta sexta feira en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
photo_camera Marta Fernández-Tapia e Luis López esta sexta feira en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, coñecido como 'Lugués', confirmou que será o candidato popular a presidir a Deputación de Pontevedra, tras ser proposto polo líder dos populares galegos, Alfonso Rueda, e os 61 representantes das agrupacións locais da circunscrición. Salvo sorpresa, farase co bastón de mando da Institución, xa que o PP logrou recuperar a maioría absoluta na institución o 28-M.

Luís López compareceu acompañado de Marta Fernández-Tapias e por Rafa Domínguez, responsábeis locais do partido en Vigo e en Pontevedra, "que van ter un protagonismo especial" no próximos catro anos no Goberno da Deputación como vicepresidentes nas súas respectivas áreas territoriais, aínda que non descarta máis Vicepresidencias.

Ambos agradeceron a confianza depositada neles. Ademais, Fernández-Tapias. "Aquí trátase do mellor para Vigo e para os vigueses e ese é o meu papel", dixo, mentres que Rafa Domínguez asegurou que o seu "único" interese é a cidade de Pontevedra. "A Deputación ten uns enormes retos de futuro nos que debemos traballar", esgrimiu.

"No Partido Popular sempre falamos de equipo e practicámolo con feitos", sinalou López, ao referirse á "magnífica elección dos compañeiros do PP" para que Fernández-tapias e Domínguez asuman estas Vicepresidencias territoriais.

“Non era algo que buscase”

Luis López deu esta sexta feira unha rolda de prensa na sede do PP de Pontevedra para "comezar a informar dos primeiros detalles do Goberno da Deputación" da que el aspira a presidir despois de que 16 persoas que concorrían na lista do PP ás municipais no Concello de Rodeiro renunciasen á súa acta para que o até o de agora delegado da Xunta, Luis López, poida tomar posesión como concelleiro no municipio.

O presidente dos populares pontevedreses admitiu asumir a proposta para que sexa o presidente da Deputación como "unha honra e un orgullo" que tentará "desenvolver coa máxima humildade e co maior dos traballo". Tamén comentou que "non era algo que non buscase nin pretendese", remitíndose "ás circunstancias coñecidas por todo o mundo".

"Eu non busco protagonismos, pero tampouco fuxo das responsabilidades" manifestou. "Se o partido, co presidente Alfonso Rueda á cabeza, cre que son a persoa idónea para este posto pois o asumo con total naturalidade, tranquilidade e, por suposto, co agradecemento infinito aos meus compañeiros. Tentarei estar á altura de tanta responsabilidade", dixo.

Ao longo dos próximos días, o Partido Popular dará a coñecer os nomes dos deputados. "Vai ser un grande equipo con maiúsculas, con xente moi preparada e cunha ampla traxectoria nas distintas áreas que vai ter a Deputación", esgrimiu.

"Cando alguén chega a unha administración non é para arrasar con todo o que hai, nin moito menos, haberá cuestións que están ben expostas en base ás cales nós lles daremos continuidade e outras que loxicamente hai que modificar", avanzou.

Comentarios