Lores avanza unha cuestión de confianza de non aprobarse as contas

A non aprobación dos orzamentos "pon en perigo" investimentos.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, esta sexta feira. (Foto: Concello de Pontevedra)
photo_camera O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. (Foto: Concello de Pontevedra)

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou esta cuarta feira que se no pleno extraordinario convocado para mañá, 29 de decembro, non saen aprobados os orzamentos, convocará unha moción de confianza para facilitar que saian adiante. 

Nunha comparecencia, o rexedor da cidade do Lérez expresou a súa confianza en que "renda a sensatez e se facilite a aprobación" das contas do próximo ano 2024 xa que, en caso de non facelo, "están en perigo" os fondos europeos, as obras urbanas, as subvencións deportivas, as festas, os eventos deportivos do ano, o convenio coa piscina olímpica ou o festival Río Verbena, entre outras cuestións que enumerou Lores. 

Sen prórroga "posíbel"

O alcalde reiterou que é "imprescindíbel e urxente" aprobar estas contas. Polo tanto, de non aprobarse, "sen perder nin un minuto convocarei a aprobación dos orzamentos vinculada a unha cuestión de confianza"

Segundo explicou, prorrogar unha segunda vez os orzamentos municipais supón "cuestións moi graves", xa que "están en risco moitísimas cousas", polo que "non se podería facer ningunha inversión das previstas", como sete millóns dos fondos europeos, a nave de piragüismo ou o parque da Parda.

Comentarios