Goretti Sanmartín seguirá a coordinar a Executiva Nacional do BNG

Reparto de responsabilidades na ponte de mando nacionalista.

bng EXECUTIVA-min
photo_camera Nova Executiva do BNG. (Foto: Nós Diario)

Apenas unha horas despois de recibir o apoio da militancia, a nova Executiva Nacional mantiña a súa primeira reunión o 8 de novembro, en Compostela, xuntanza seguida dunha foto de familia e comparecencia da reelixida portavoz nacional. "Somos máis BNG que nunca", sintetizou Ana Pontón na comparecencia após aquela reunión.

Unha Executiva encargada de dirixir e cumprir o rumbo marcado na XVII Asemblea Nacional do BNG, que vén de conformar as súas diferentes responsabilidades de área.

Así, Goretti San Martín mantense como coordinadora da Executiva Nacional, unha reponsabilidade que ocupou por primeira vez en 2017, após a anterior Asemblea nacionalista.

Ademais, outra das áreas máis próximas a Pontón, a de Organización, estará nas mans de Lucía López e Bieito Lobeira.

"Temos a responsabilidade de construír un proxecto gañador, un proxecto de maiorías. É posíbel e imos demostralo, sumando a cada vez máis cidadanía a este proxecto de país, porque cada vez son máis as persoas que ven en nós a súa alternativa, a mellor ferramenta para construír esa outra Galiza posíbel", argumentou Ana Pontón naquela primeira xuntanza da nova Executiva. 

A nova Executiva Nacional pasa a se conformar con estas persoas e responsabilidades:

1. Ana Pontón Mondelo. Portavoz Nacional do BNG. 
2. Goretti Sanmartín. Coordenadora da Executiva. 
3. Bieito Lobeira e Lucía López. Área de Organización. 
4. Eva Vilaverde e Carme da Silva. Área de Municipal. 
5. Xavier Campos e Olalla Rodil. Área de Comunicación. 
6. Lois Pérez Castrillo. Área de Finanzas
7. Manu Lourenzo, Néstor Rego e Ana Miranda. Área de Institucional. 
8. Montse Prado. Área de Formación. 
9. Noa Presas. Área de Acción feminista. 
10. Rubén Cela e Ana Miranda. Área de Internacional.
11. Luís Bará. Área de Iniciativas Políticas.
12. Olaia Ledo. Área de Ecoloxismo.
13. Xosé L. Rivera ‘Mini’. Área de Medio Rural. 
14. Breixo Lousada. Área de Movementos Sociais.
15. Marta Gómez. Área de Mocidade.

Comentarios