Os nomes da nova dirección do BNG

Ana Pontón elixida portavoz nacional con 99% dos votos

A elección dos órganos de dirección desenvolveuse conforme ao previsto. A  formalización dunha única candidatura ao Consello Nacional, á Executiva Nacional e á Portavoz Nacional levou a aprobación dos tres niveis de dirección por práctica unanimidade.

Ana Pontón intervindo na sesión de clausura.
Foto:Europa Press
photo_camera Ana Pontón intervindo na sesión de clausura. Foto:Europa Press

A renovación dirección do BNG comezou pola elección do Consello Nacional, votado a man alzada ao presentarse só unha candidatura, para a conformación do máximo órgano de dirección.

O Consello Nacional

O Consello Nacional fica composto pola totalidade dos membros da Executiva así como por unha ampla representación territorial e dos diversos ámbitos de actuación da organización.

O mesmo está integrado por un número importante de responsábeis institucionais da formación. Así, do ámbito municipal incorpóranse á dirección o voceiro do BNG en Lugo, Ruben Arroxo, o portavoz de Vigo, Xavier Pérez Igrexas, a concelleira da Coruña, Avia Veira ou o alcaldesa de Allariz, Cristina Cid

A dirección incorpora tamén a parlamentarios galegos, como Rosana Pérez,  Mercedes Queixas, Daniel Castro ou Iago Tabarés. Asemade, integra cadros de relevo no ámbito comarcal como a ferrolá, Mercedes Tobío, a pantonesa, Rosa Prieto ou o militante do Condado, Francisco Chívite .

A Executiva Nacional

A Executiva Nacional conserva o groso dos membros da anterior período. Así, mantense o núcleo duro de dirección con nomes como Bieito Lobeira, Xavier Campos, Carme da Silva, Ruben Cela, Goretti Sanmartín ou Néstor Rego.

As novas incorporacións á dirección proceden do ámbito institucional ou orgánico. Do primeiro, fan parte o parlamentario e voceiro de Soutomaior, Manuel Lourenzo e o ex alcalde vigués, Lois Pérez Castrillo. Do segundo, chegan Lucía López Sobrado ou Breixo Lousada

Comentarios