Feixoo di que gobernar subindo impostos e débeda "faino calquera", malia que a débeda da Galiza acadou máximos históricos baixo o seu mandato

A débeda pública non deixou de medrar na Galiza desde a chegada á presidencia da Xunta de Alberto Núñez Feixoo. En 2008 situábase en 3.954 millóns, e representaba o 6,80% do Produto Interior Bruto (PIB). Trece anos máis tarde é de 12.071 millóns de euros.
Núñez Feixoo, á dereita, acompañado de  Juanma Moreno, presidente da Junta de Andalucía e de Ángeles Muñoz, alcaldesa de Marbell.
photo_camera Núñez Feixoo, á dereita, acompañado de Juanma Moreno, presidente da Junta de Andalucía e de Ángeles Muñoz, alcaldesa de Marbell.

O presidente do PP da Galiza e da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, destacou que gobernar "subindo os impostos e a débeda o fai calquera". É máis, considerou que para isto "non fai falta un goberno".

Na súa intervención no congreso do PP de Marbella (Málaga), manifestou que non coñece "a ninguén que poida chegar a fin de mes sen ter as facturas pagas e gastar, mínimo, o que se ten. Deixar a deber a todos o fai calquera. Gobernar subindo os impostos e a débeda faio calquera, non é necesario elixir a un goberno".

A débeda pública da Galiza acadou máximos históricos baixo o seu goberno: subiu a 12.071 millóns de euros no segundo trimestre de 2021, o que supuxo a maior cifra na serie histórica, segundo os datos publicados polo Banco de España.

"Agora ben, cadrar contas, non gastar máis do que se ten e pagar o que se debe é o que nos ensinaron en casa e iso é o que queremos facer en Andalucía, en Marbella, na Galiza e en España", sentenciou o presidente, quen estivo acompañado polo seu homólogo andaluz, Juanma Moreno; o presidente do PP de Málaga e conselleiro andaluz da Presidencia, Elías Bendodo; e a reelixida presidenta do PP marbellí e alcaldesa, Ángeles Muñoz.

Porén, o presidente da Xunta non fixo alusión a que a débeda pública da Galiza acadou máximos históricos baixo o seu goberno: subiu a 12.071 millóns de euros no segundo trimestre de 2021, o que supuxo a maior cifra na serie histórica, segundo os datos publicados polo Banco de España.

Até a data, o maior endebedamento público da Galiza producírase no segundo trimestre de 2020 (con 11.971 millóns de euros). Os actuais 12.071 millóns supoñen a sétima maior cifra global entre territorios do Estado.

A débeda pública non deixou de medrar na Galiza desde a chegada á presidencia da Xunta de Alberto Núñez Feixoo. 

A débeda pública non deixou de medrar na Galiza desde a chegada á presidencia da Xunta de Alberto Núñez Feixoo. En 2008 situábase en 3.954 millóns, e representaba o 6,80% do Produto Interior Bruto (PIB). Trece anos máis tarde é de 12.071 millóns de euros.

Non obstante, Feixoo puxo a Galiza e Andalucía como exemplo de boa xestión e incidiu na estabilidade, "un valor que incrementa a riqueza, os servizos públicos e, sen ningunha dúbida, a credibilidade da política ben entendida", defendendo un modelo de goberno "sen ataduras, que non ten que recorrer a partidos independentistas para manterse no goberno, que non ten que ocultar pactos para aprobar os orzamentos e que non teña máis obxectivo que acertar, que defender os intereses xerais e que o teu país vaia mellor o día que che vas que o que chegaches".

"Creo que os políticos honestos son os que non menten nin enganan. Son os que teñen palabra, os que non fan o que lles convén persoalmente senón que tentan cumprir a súa palabra aínda que iso poida diminuír as súas aspiracións. Apostar pola estabilidade das institucións é defender España, o Estado", manifestou Núñez Feixoo.

Comentarios