18-F

Rueda métese "en fariña" para unificar todas as convocatorias de axudas a autónomas

Axudou a facer chapatas nunha panadaría de Boqueixón.

Alfonso Rueda, esta terza feira, nunha panadaría de Boqueixón. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Alfonso Rueda, esta terza feira, nunha panadaría de Boqueixón. (Foto: Nós Diario)

O presidente da Xunta da Galiza e candidato do PP no 18-F, Alfonso Rueda, converteuse en panadeiro por un día e meteuse “en fariña” en Boqueixón (comarca de Compostela) para remarcar o seu compromiso coas autónomas, a quen prometeu simplificar as axudas cun paso: o de "unificar" todas as convocatorias para reducir a complexidade da tramitación.

Deste modo, se continúa á fronte da Xunta, Rueda garantiu que a partir de 2025 os 50 millóns de euros que a Xunta da Galiza concede cada ano ás autónomas estarán agrupados baixo un único paraugas.

Tras axudar, acompañado da conselleira de Promoción do Emprego, Elena Rivo, a Jesús nunha panadaría de Boqueixón, Fachal, a preparar masa para chapata, Rueda defendeu que a unificación das axudas farase co obxectivo de "simplificar ao máximo" todo o proceso para que calquera autónoma, con independencia de onde viva ou a idade que teña, poida "coñecer a situación da súa solicitude de forma rápida e sinxela".

Nesta conxuntura, o dirixente popular manifestou que a Galiza, que xa é “a segunda autonomía con maior porcentaxe de autónomas”, converterase na comunidade na que "menos papelame" teñan que afrontar os profesionais por conta propia.

Comentarios