Faraldo votou para “lograr o éxito de botar o PP”

A candidata de Podemos recoñeceu estar “nerviosa” e “emocionada”.

Isabel Faraldo, diante da prensa logo de votar no Centro Social Sagrada Familia da Coruña. (Foto: Podemos Galicia).
photo_camera Isabel Faraldo, diante da prensa logo de votar no Centro Social Sagrada Familia da Coruña. (Foto: Podemos Galicia).

Isabel Faraldo, candidata de Podemos á presidencia da Xunta, votou este domingo destacando a “transformación” da formación morada.

A política puxo en valor o éxito que suporía “botar ao PP da Xunta”, nunhas declaracións aos medios de comunicación logo de depositar na urna do Centro Cívico Sagrada Familia o seu voto.

Despois de agradecer o “esforzo” a “todas as persoas que fan posíbeis as eleccións”, confesou estar “nerviosa” e “emocionada” logo dunha campaña na que Podemos estivo nun escenario “moi difícil”.

Faraldo, na liña do resto de líderes políticas, agarda unha “ampla participación”, e concluíu indicando que “o cambio é posíbel na Galiza”.

Comentarios