ANTÓN SÁNCHEZ, COORDENADOR NACIONAL DE ANOVA

"Falaremos do candidato cando sexa o momento. Nós apostamos nas primarias"

No Sermos196 entrevistamos Antón Sánchez, coordenador nacional de Anova e parlamentar de AGE no Hórreo. Falamos da convulsa situación interna de En Marea, das perspectivas eleitorais e do proceso de alargamento do que Anova cualifica como unidade popular. Eis un avanzo da conversa.

Antón Sánchez. 16-5-2016
photo_camera Antón Sánchez

A cuestión da candidatura ás galegas está a provocar convulsións na Marea. Beiras amaga con postularse e ten ironizado sobre a hipótese dun independente ser candidato... Dito isto, Anova vai apostar en Beiras como candidato?

Nós falaremos do candidato cando sexa o momento. Non ten sentido falalo agora. Beiras o que fixo foi explicitar moi exhaustivamente a súa posición e finalizou dicendo que el tampouco se descarta, que iso non é o mesmo que postularse, por outra parte, tampouco se posicionou en contra de que fose un independente. 

miniaturaBen, si que ironizou sobre esa hipótese.

Non, non. A nosa posición é definir agora cal ten que ser o proceso de escolla dese candidato ou candidata. Unha vez definido o proceso...

Primarias?

Si, nós apostamos en que o decidan todo as bases. Anova non lle vai pór portas ao campo. Hai que escoller as mellores persoas, sen vetos. E que decidan as bases. As bases na asemblea expresaron moi maioritariamente que teñen gañas de decidir máis que o que están decidindo e a iso hai que darlle solución.

A íntegra da entrevista, unha dupla páxina, tela ao teu dispor no Sermos196, xa nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.

Comentarios