ERC anuncia o seu apoio á censura a Rajoy impulsada por Podemos

A antiga Convergència, en troca, insinúa que se absterá. O parlamentar do Partit Demòcrata Carles Campuzano afirmou esta terza feira que o goberno de Rajoy é censurábel, mais que non apoian Pablo Iglesias como candidato alternativo.

Joan Tardá
photo_camera Joan Tardá

Novos apoios (os 8 escanos de ERC) á moción de censura que a vindeira terza feira 13X defenderá no Pleno do Congreso dos Deputados Pablo Iglesias.

A iniciativa, rexistada formalmente polo grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, ten garantidos neste momento 81 votos a prol, os 67 propios, os 8 de ERC, os 4 de Compromiso e os 2 de Bildu.

ERC outorga o apoio á moción, embora Unidos Podemos non respalda o referendo unilateral que a formación independentista, integrada en Junts pel Sí, defende para Catalunya na eventualidade, absolutamente certa, de non se producir acordo ningún co goberno de Rajoy.

Quen mantén distancias coa moción é o Partit Demòcrata, a antiga Convergència. O seu portavoz, Carles Campuzano, resumiu a súa posición en termos de dicer que nen con Rajoy nen con Iglesias. O PD aponta pois á abstención, nela vaise encontrar tamén presumibelmente con PSOE e PNV.

Máis en POLÍTICA
Comentarios