domingo 28/02/21

Demite Ángel Currás como concelleiro en Compostela

Volve á docencia e deixa detrás del un goberno municipal copado por edís non [email protected] nas urnas.

Currás na conferencia de prensa
Currás na conferencia de prensa

Ángel Currás deu esta segunda feira (10 de novembro) por fechada a súa etapa como concelleiro e alcalde da capital galega. Após as numerosas causas abertas --e pendentes-- coa xustiza por supostos delitos de corrupción e prevaricación, o que foi rexedor compostelán logo da demisión de Gerardo Conde Roa, presentou a renuncia á súa acta como edil. 

Marcha do Pazo de Raxoi e volve á docencia. Ángel Currás é doutror en Bioloxía e catedrádico de Ensinanza no IES Xelmírez I. Coa súa saída o Partido Popular goberna Compostela cun grupo municipal formado por maioría de edís non [email protected] A decisión devén da frustrada operación deseñada pola dirección do Partido Popular que visaba colocar a Currás á fronte da empresa pública Tragsa

As críticas non tardaron en chegar e Alberto Núñez Feijóo rematou por fechar a porta ao ex-alcalde. Agora, Currás di marchar decepcionado da equipa de goberno municipal da que foi até hoxe tenente de alcalde, rexedor e concelleiro de Relacións Institucionais. 

comentarios