28-M

Contraofensiva de Xácome: presentará unha nova denuncia polos audios

O alcalde de Ourense está contra as cordas logo da filtración duns audios.
Pérez Xácome durante o pleno en que se pediu a súa dimisión (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
photo_camera Pérez Xácome durante o pleno en que se pediu a súa dimisión (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).

O alcalde Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, avanzou que mañá formalizará unha nova denuncia pola toma e difusión duns polémicos audios publicados polo xornal La Región.

Estes vincularían o rexedor con supostas prácticas irregulares vinculadas a temas de concesións e financiamento do seu partido, Democracia Ourensana.

Segundo publicou Xácome nas súas redes sociais, "todos os interlocutores afectados en escóitalas ilegais no despacho da alcaldía presentará unha denuncia conxunta" esta próxima segunda feira

"Demostraremos así que foi ilegal a toma e difusión dos audios á marxe da súa descarada edición e manipulación posterior", engadiu.

Ademais, concluíu cunha mensaxe na que insulta directamente o medio que difundiu os audios: "La💩Región segue cavando a súa propia tumba ao adentrarse en delitos penados con cárcere".

Isto chega apenas unha horas despois de que o xulgado de Instrución Número 1 de Ourense denegara as medidas cautelares esixidas polo alcalde de Ourense para que La Voz de Galicia retirara as publicacións nas que facía referencia aos devanditos audios.

O maxistrado rexeitou as súas pretensión de silenciar as informacións por entender que non achegou "nin o máis mínimo indicio que permita afirmar que os audios teñen unha procedencia ilícita". 

Xácome tamén presentou unha denuncia similar contra La Región, mais as fontes xudiciais consultadas indican que a decisión "aínda non está tomada". 

Comentarios