Tres candidaturas á presidencia da Xunta xa confirmadas. E a da Marea?

Após a escolla de Leicega como candidato do PSdeG, xa hai tres cabezas de cartaz confirmadas para as eleccións galegas, as do PP, BNG e PSOE. Só falta unha incógnita por resolver.

Xosé Mexuto. 30 de maio de 2016.

Só falta unha carta na baralla eleitoral por se descubrir, a da Marea. Sobre isto reflicte na súa vídeo-columna semanal o director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto.

Para Xosé Mexuto, a incógnita por despexar está cada día máis clara e aponta inequivocamente para a figura de Xosé Manuel Beiras. Nesta vídeo-columna o director de Sermos explica por que.

Comentarios