Besteiro deixa a acta no Congreso para ser deputado no Parlamento galego

Agradeceu a "confianza" a Pedro Sánchez
besteiro
photo_camera Gómez Besteiro (Foto: PSdeG)

O que foi candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta da Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, procedeu a renunciar á acta como deputado pola circunscrición de Lugo no Congreso para centrarse no seu labor como parlamentario na Cámara galega.

Así o confirmou o propio Besteiro, que a través das redes sociais sinalou onte: “Foi un honor representar Lugo e Galiza no Congreso. Grazas ao PSOE e a Pedro Sánchez pola confianza. Hoxe renuncio á miña acta para seguir traballando por todos os galegos e galegas desde o Parlamento da nosa terra”. Besteiro, que tamén presidía a Comisión de Transportes deste órgano, desprazouse esta semana a Madrid para participar no pleno da Cámara baixa española.

O político lucense xa avanzou na noite electoral, tras coñecer que o PSdeG cedía cinco escanos e ficaba co 14% dos votos, que deixaría a súa acta como deputado estatal antes da constitución do novo Parlamento da Galiza.

A número 2 da lista do PSdeG pola circunscrición de Lugo ás eleccións estatais do 23 de xullo, Patricia Otero, ocupará o seu lugar no Congreso das Deputadas e Deputados. 

Otero, que foi secretaria xeral do PSdeG de Lugo e non concorreu na candidatura do PSdeG aos comicios galegos do 18 de febreiro, poderá asumir agora ou¡ posto que deixa Besteiro, quen poderá debater non Pazo do Hórreo co líder do do PP e presidente dá Xunta en funcións, Alfonso Rueda.

Comentarios