Berros de "corrupto" e "senvergoña" ao PP de Lugo pola carretaxe de votos

Coincidindo coa declaración de José Luís Iravedra por un suposto delito electoral, un gupo de veciñ@s apuparon o líder popular. 

Un grupo de persoas concentrouse esta quinta feira (30 de outubro) ás portas dos xulgados de Lugo para recibir entre apupos ao membro da dirección do PP lugués, José Luís Iravedra. Iravedra está imputado por suposto delito electoral nos comicios de 2012 nos que o PP carrexou idos@s dunha residencia de maiores até o colexio electoral, xunto coa ex-concelleira, Teresa Taboada.

A investigación continúa o seu curso logo de que unha equipa médica acreditase a demencia destas persoas. Porén, Iravedra --actualmente conselleiro da CRTVG-- asegurou perante a xuíza instrutora, Sandra Piñeiro, que "desde o asilo se fixo unha chamada á sede do PP para que se axudase a desprazar ao colexio electoral a persoas en cadeira de rodas, con dificultades de mobilidade"

Iravedra di que a residencia de maiores chamou á sede do PP de Lugo para pedir que lles axudaran a trasladar @s idos@s até o colexio electoral

O caso foi denunciado por Esquerda Unida após ser o actual deputado de AGE Ramón Vázquez quen descubriu a actuación dos dous militantes a poucos metros do propio colexio. Tanto Alternativa Galega de Esquerda como Esquerda Unida exixen a destitución de Iravedra como conselleiro da CRTVG e mesmo levaron o caso ao Parlamento de Galiza onde recriminaron a Alberto Núñez Feijóo o comportamento do Partido Popular. 

Tamén así un grupo de veciñ@s de Lugo que, portando unha faixa na que se podía ler "Así gaña o PP" chamaron "corrupto" e "senvergonza" a Iravedra cando este entraba nos xulgados para prestar declaración. 

A ex-concelleira tamén imputada, Teresa Taboada, mantén o mesmo relato que Iravedra e afirma que foron as monxar da residencia de maiores as que lles pediron axuda para trasladar @s idos@s. Porén, a equipa médica que realizou a pertinente análise forense @s anciás asegura que algunha delas é "analfabeta, non ve a televisión, non sabe novas" e "non amosa interese polo que acontece na súa contorna", o que dificilmente lle permitiría acudir libremente a votar. 

Máis en POLÍTICA
Comentarios