Axenda eleitoral para o 12 de maio

BNG

12.30 h. O portavoz nacional, Xavier Vence, e o candidato á alcaldía de Santiago, Rubén Cela, realizan un acto sobre o cobro do IBI á Igrexa, diante da hospedaría de San Martiño Pinario.

O mitin central do BNG será en Carnota, ás 19.30 na praza do Concello.


PSdeG

11.30 h. Besteiro vai a Ourense, onde participa co candidato á alcaldía, José Ángel Vázquez Barquero, nun paseo pola cidade. Haberá declaracións á imprensa, por volta das 12 horas, na carpa situada á altura da Delegación de Defensa.

O mitin central do PSOE na Galiza terá lugar en Mos, no centro de desenvolvimento local, coa participació de Besteiro.

Compromiso por Galicia

11.30 horas. Santiago. Apresentación do manifesto de apoio a Xosé Antón López.

PP

A axenda de Feijóo comeza en Arzúa, ás 14 horas, cunha comida mitin na Polbeira Guerra. Logo, apartir das 18.30 h, protagoniza un acto político na Casa da Cultura de Amoeiro, en Ourense e participa nun mitin en Ribadavia, por volta das 19.30 horas. Concluirá a xornada o mitin central do partido, ás 21.30 en Moaña, no clube de xubilados Nosa Señora do Carme

Mareas

19.30 horas. Mitin na Coruña, coa presenza do secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias. Estarán tamén a viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz, e o candidato da Marea Atlántica, Xulio Ferreiro. Será en Palexco.

Comentarios