Axenda de campaña para o 20 de maio

Aparece Cañete na campaña galega. Será nun acto en Castro de Rei e nun mitin en Ordes.

BNG

-13.15 h. Ana Miranda reúnese en Vigo con traballadores de Citröen en Vigo, na rúa de Citröen nº 35; 20 h, mitin en Lugo, con Miranda e Vence, no Instituto Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Compromiso por Galicia

-Mitin de Paulo Carlos López ás 20.30 en Vigo, no hotel México, vía norte 10; acto político en Ourense ás 20 h.

AGE

-11 h, Lidia Senra e Yolanda Díaz convocan os meios na Coruña, face o antigo edificio de turismo, na Mariña, para oferecer declaracións sobre corrupción e obra pública; 12 h, Lidia Senra visita en Cambre a compañía Emprego Social S.L.; 20 h, Senra, Beiras e Yolanda Díaz, en mitin en Ferrol, no centro cívico de Caranza.

PSdeG-PSOE

-12 h, José Blanco participa en Pontevedra, na Praza da Peregrina, nun reparto de propaganda eleitoral; 18.30 h, reúnese en Arteixo con emigrantes retornados, no centro cívico; 20 h, dá un mitin en Betanzos, no edificio Liceo; 21.30 h, participa nun mitin en Silleda, no Hotel Vía Argentum.

PP

-10.15 h. En Vigo, a ministra de Fomento, Ana Pastor, e o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, manteñen encontro con representantes de Conxemar. Convocatoria sen direito a perguntas; 19.30, Ana Pastor participa nun mitin en Ribadeo, no Restaurante Cabazo; 16.45, o número 1 do PP a Europa Miguel Arias Cañete toma parte nun encontro con representantes do sector agrogadeiro, foresta e pesqueiro. Faino acompañado de Millán Mon. Será en Castro de Rei, no Val do Sonos; 20.30, Cañete e Millán Mon dan un mitin en Ordes, na discote LP45.

Comentarios