Antón Sánchez dimite como portavoz de Anova

Sánchez fixo público na tarde desta quinta feira, a través das redes sociais, as razóns da súa dimisión.
Antón Sánchez (centro) anunciou esta quinat feira a súa dimisión. (Foto: Mauro Bastón / Europa Press).
photo_camera Antón Sánchez (centro) anunciou esta quinat feira a súa dimisión. (Foto: Mauro Bastón / Europa Press).

O até o de agora portavoz nacional de Anova e ex deputado, Antón Sánchez, remitiu unha carta á militancia e á Coordinadora Nacional da formación impulsada por Xosé Manuel Beiras en 2012, na cal explica que presenta a súa dimisión.

Sánchez fixo público na tarde desta quinta feira, a través das redes sociais, as razóns desta dimisión. Así, na carta explica que os obxectivos que se marcaron para o seu mandato non se foron "avanzando".

"Non podo evitar recoñecer a constatación de que até o de agora Anova non avanzou como organización para os efectos de servir como instrumento orgánico axustado a tales obxectivos auto propostos colectivamente", apuntou o que foi deputado na Cámara galega.

"Decisión persoal"

"Asumo todos os erros que puiden cometer na miña responsabilidade como portavoz, tanto nestes dous anos como na etapa anterior, que puidesen contribuír a ese non avance no que para min é o camiño correcto, pero a non consecución dos obxectivos políticos marcados, así como o non avance cara a eles, fai que tome esta decisión persoal", explicou.

A non consecución dos obxectivos políticos marcados, así como o non avance cara a eles, fai que tome esta decisión persoal

Antón Sánchez decide deixar así a portavocía tras dous anos en que a formación política deixou de contar con protagonismo galego tras a desaparición do arco parlamentario de representación do espazo de confluencia. A formación estaba agora centrada no ámbito e no seu traballo coas mareas municipais.

"O esforzo militante na esquerda é fundamental, pero ás veces hai momentos nos cales toca cambiar de estratexias, tácticas ou de persoas para buscar solucións", admite na carta, en que apunta que "ás veces é preciso dar un paso atrás para posibilitar unha alternativa, para poder mellorar e avanzar".

"O certo é que xa non sinto que poida ser útil como portavoz nestas circunstancias actuais nin tampouco, aínda que con máis continuidade de esforzos, para cambiar os resultados, razóns polas que nestas circunstancias considero que non ten sentido persistir nesta situación", sentenciou.

Comentarios