A VOCEIRA DO BLOQUE, CONTRA O TESOIRAZO

Ana Pontón denuncia o "golpe de estado" de Rajoy

A portavoz nacionalista no Parlamento critica a Feijóo

A portavoz do G.P do BNG, Ana Pontón, cualificou hoxe de “golpe de estado” contra os dereitos sociais e contra o autogoberno o recorte de 10.000 millóns de euros en Sanidade e Educación anunciado polo goberno do Estado e emprazou a Feijóo a que aclare cal vai ser a súa posición perante este “atentado”.

Pontón, en declaracións aos medios, lamentou o “silencio cómplice” do presidente da Xunta e agoirou que máis unha vez vaia preferir ser fiel ao Partido Popular e á súa “política agresiva” de recortes en vez de defender a Galiza e os seus cidadáns.

Comentarios