Investigan en Narón unha das maiores fosas comúns de vítimas do franquismo na Galiza

Os traballos comezaron este outono coa sondaxe do xeorradar no cemiterio, e coa investigación histórico-documental, na cal tamén participa a Asociación Cultural Memoria Histórica e Democrática. Mesmo é posíbel, estima o equipo de especialistas, que haxa máis dunha fosa, tendo en conta o elevado número de persoas alí enterradas en diferentes datas, máis de 50.
Fosa del Cementerio do Val de Narón (Foto: USC).
photo_camera Fosa del Cementerio do Val de Narón (Foto: USC).

O equipo de investigación de Memoria Democrática da Universidade de Santiago de Compostela (USC) iniciou no cemiterio de Santa María do Val, en Narón (comarca de Ferrolterra), o proceso de busca dunha das fosas de vítimas do golpe de estado de 1936 máis grandes da Galiza.

Son polo menos 50 as familias que están a buscar familiares e parentes asasinados despois da sublevación militar franquista de 1936 e que poden estar enterrados neste cemiterio.

A localización desta fosa enmárcase no Plan de Memoria Democrática da Galiza, que lle encomendou as actuacións a un equipo multidisciplinar de investigación da USC, comandado polo Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (Histagra).

O grupo de especialistas da USC está formado por persoas expertas en historia e arqueoloxía, forenses e xenetistas, coa participación do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), e está coordinado polos profesores Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez. Leva desde o ano 2021 exhumando fosas do tempo da guerra e da posguerra na Galiza.

A do cemiterio do Val é, segundo o equipo do Plan de Memoria Democrática, unha das maiores fosas comúns das que se ten constancia, dun total de 90 rexistradas a día de hoxe na Galiza.

Os traballos comezaron este outono coa sondaxe do xeorradar no cemiterio, e coa investigación histórico-documental, na cal tamén participa a Asociación Cultural Memoria Histórica e Democrática. Mesmo é posíbel, estima o equipo de especialistas, que haxa máis dunha fosa, tendo en conta o elevado número de persoas alí enterradas en diferentes datas, máis de 50.

Un dos maiores fusilamentos

O 26 de decembro de 1936, segundo revelan as investigacións do equipo do Plan de Memoria Democrática, levou a cabo una das maiores execucións das que hai constancia na Galiza.

Un grupo de 34 persoas, todos eles mariñeiros, suboficiais e oficiais de entre 19 e 40 anos, das dotacións de diferentes buques, foron fusilados no atrio da igrexa parroquial do Val, entre as 23 horas do día 26 de decembro de 1936 e as 00.30 horas do día seguinte. Os reos foron conducidos desde a prisión do Dique, no Arsenal de Ferrol, executados e despois sepultados no cemiterio.

Segundo as investigacións desenvolvidas, hai constancia doutros 17 asasinatos, perpetrados en seis datas diferentes nos anos seguintes, e que apuntan cara á posíbel existencia de seis fosas máis, pendentes de localizar dentro do mesmo cemiterio.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios