Spotify xa está dispoñíbel en galego

Ademais do galego e o euskera, as novas incorporacións idiomáticas son o español para Arxentina e México, chinés tradicional (Hong Kong), árabe (Exipto, Marrocos e Arabia Saudita), bosníaco, macedonio e inglés do Reino Unido.
Unha persoa escoita música a través da plataforma Spotify (Foto: Pexels).
photo_camera Unha persoa escoita música a través da plataforma Spotify (Foto: Pexels).

A maior plataforma de música en liña do mundo, Spotify, xa está dispoñíbel en galego. Esta plataforma naceu en 27 idiomas e incorporou 36 máis en 2021.

Spotify anunciou esta segunda feira a adición de 11 novos idiomas en dispositivos móbiles, o que eleva o número total a 74, entre os que se encontran agora o galego e tamén o euskera.

“Experiencia máis persoal”

Esta expansión "desbloqueará unha experiencia aínda máis persoal" para os seus usuarios "brindándolles a posibilidade de acceder a Spotify na súa lingua materna" o que fomentará "máis conexións entre os creadores e as súas audiencias", afirmou a plataforma.

“En Spotify, estamos comprometidos en ofrecer o mellor en audio aos nosos usuarios de todo o mundo. Isto significa garantir que a nosa experiencia sexa accesíbel nos idiomas que falan os nosos usuarios, independentemente de onde estean. A partir de hoxe [esta segunda feira], Spotify admitirá 11 novos idiomas en móbiles, o que elevará o número total de idiomas en Spotify a 74”, comunicaron desde a plataforma.

Outras incorporacións

Ademais do galego e o euskera, as novas incorporacións idiomáticas son a español para Arxentina e México, chinés tradicional (Hong Kong), árabe (Exipto, Marrocos e Arabia Saudita), bosníaco, macedonio e inglés do Reino Unido.

Comentarios