Palabras con memoria: outras palabras

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
A rapaza entepuxo pola estrada abaixo
photo_camera Entrepoñer é sinónimo de botar a andar con présa. (Foto: Nós Diario)

delouzar.- (Ademais do significado de divertirse) Maquinar.
Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- Toño Núñez.

entepoñer (2).- Botar a andar con présa.
Exemplo.- “A rapaza entepuxo pola estrada abaixo.”
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Lorena García Costa/CPI O Cruce de Cerceda.

gralludo/a.- Hostil, difícil, duro.
Lugar de escoita.- Taboada (Lugo).
Fonte.- Xulio López Valcárcel.

indóminas.- Andrómenas, lerias.
Lugar de escoita.- Gondaísque (Terra Chá).
Fonte.- Antonio Eimil.

merello.- Complicación, problema, dificultade.A rapaza entepuxo pola estrada abaixo
Exemplo.- “Isto ten merello.”
Lugar de escoita.- Santa Lucía (Moraña).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

Comentarios