Ordenando as palabras

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

Adóitase empregarse 'feixe molle' para referirse a un conxunto de obxectos amoreados ou colocados sen orde (Foto: Nós Diario).
photo_camera Adóitase empregarse 'feixe molle' para referirse a un conxunto de obxectos amoreados ou colocados sen orde (Foto: Nós Diario).

amarafonado/a.- Algo, sobre todo roupa, engurrada e revolta.

Exemplo.- “Deixastes a roupa toda amarafonada coma sempre facedes.”

Lugar de escoita.- Porqueira (Ourense).

Fonte.- Antón Méndez Gándara.

 

baldroallar.- Manchar algo ciscando un líquido por descoido.

Exemplo.- “Baldroallastes toda a mesa.”

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Carmen de Calviño.

Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

enfoular.- (Ademais de significados xa recollidos) Revolver, desordenar.

Exemplo.- “Tes toda a roupa enfoulada no armario.”

Lugar de escoita.- Cervo (Lugo).

Fonte.- Mª del Pino Hernández Viñas.

feixe molle (a).- De calquera maneira, desordenadamente. Refírese sempre a un conxunto de obxectos amoreados ou colocados sen orde.

Exemplo.- “E deixou a roupa enriba da cama a feixe molle.”

Lugar de escoita.- Gondomar.

Fonte.- Miguel Anxo Mouriño.

suscallar.- Revolver nun caixón ou noutro recipiente co fin de atopar algo perdido.

Exemplo.- “Que andas a fuscallar nese caixón? Revólvelo todo e logo non hai quen atope nada!”

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Xosé Carballo Brión/Xesús Ferro Ruibal.

Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

Comentarios