Na semana da Lingua, o PPdG escolle o castelán para se comunicar por escrito coa imprensa

Cunha nota redixida integramente en español agás o titular e dous destaques, que están en galego, a formación conservadora anuncia os primeiros pasos no debate para reformar a lei eleitoral ao Parlamento


Na semana da Lingua e das Letras galegas o PPdG remitiu aos medios unha nota informativa redixida en castelán.

Contra o que é habitual nesta formación política, que emprega sempre a lingua propia do País para as súas comunicacións coa imprensa, desta volta o texto remitido trae o titular e dous destacados en galego e o resto da información figura integramente en castelán. 

Na nota o PPdG dá conta de que nesta segunda feira os grupos parlamentares recibirán unha carta do seu voceiro na Cámara, Pedro Puy, para encetar o debate sobre a reforma da lei eleitoral.

As declaracións que recolle foron feitas polo vicesecretario xeral d@s conservador@s na Galiza e conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, nun acto realizado en Lalín.

Comentarios