A Xunta favorece o castelán nas axudas ás compras de bibliotecas

Os requisitos para concorrer á subvención pasan dun mínimo de 25% en galego en 2021, a un mínimo de 50% en castelán en 2022.
Fecharon 16 bibliotecas nas Galiza nos últimos cinco anos (Foto: Europa Press)
photo_camera Fecharon 16 bibliotecas na Galiza nos últimos cinco anos (Foto: Europa Press)

A Xunta da Galiza, a través da Consellaría de Educación, Cultura e Universidades, reduciu a porcentaxe mínima destinada a obras en galego das axudas para a compra de fondos para as bibliotecas públicas municipais.

A deputada do Bloque Nacionalista Galego Mercedes Queixas foi quen denunciou esta situación nas súas redes sociais, nas que compartiu imaxes dos requisitos de 2021 e 2022 que o Goberno galego estipula para concorrer a esta subvención. 

"É posíbel que a Consellaría de Cultura avance na exclusión do galego?"

En 20221, o decreto estabelecía que "25%, como mínimo, da subvención concedida destinarase á adquisición de fondo bibliográfico editado en lingua galega".

Pola contra, os requisitos de 2022 non recollen este mínimo exixido, mais si estabelecen que "como mínimo 50% do importe da subvención concecida destinarase á adquisición de fondo bibliográfico editado en castelán". A Xunta tamén sinala que 50% restante pode destinarse a adquisición de obras tanto en galego como en castelán, co que realmente a concorrencia a estas axudas non queda supeditada á promoción e pulo de fondo bibliográfico en galego, pero si en castelán.

"Exclusión do galego?"

A deputada nacionalista preguntouse nas súas redes se "é posíbel que a Consellaría de Cultura avance na exclusión do galego?".

"Entre as imaxes hai 1 ano. Convocatoria de axudas á compra de fondos para bibliotecas públicas municipais de 2021 e 2022. O PP quere levar o galego ao pasado", engadiu Queixas.

A propia deputada do BNG denunciou a semana pasada o desleixo da Xunta a calquera institución que promoven o uso do galego. Durante a Comisión de Educación e Cultura do Parlamento, denunciou que "penaliza publicar nun xornal máis dun 10% en galego" co actual Goberno galego.

Comentarios