Froitas

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
(Foto: Nós Diario).
photo_camera (Foto: Nós Diario).

antonina.- Caste de mazá temperá de sabor acedo e polo xeral de tamaño pequeno.

Lugar de escoita.- Escudeiros - Ramirás (Ourense).

Fonte.- Xoán Carlos Domínguez Alberte.

 

caluada/o.- Froita madura de máis.

Lugar de escoita.- Mosende (O Porriño).

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

guelriña.- Variedade de mazá pequeneira e aceda.

Exemplo.- “As de guelriña.”

Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

malva (figo de).- Clase de figo do país redondiño e verdoso.

Lugar de escoita.- Santo Adrián de Veiga (Ortigueira).

Fonte.- Avelina Piñón Rodríguez. (X. Ortigueira).

vergoña.- (Ademais de significados xa rexistrados) Acio de uvas que queda sen vendimar.

Exemplo.- “A ver se vas vendimar as vergoñas que che quedaron, que aínda che dan para ensaiar as campás de fin de ano.”

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Salvador Castro Rúa.

Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

Comentarios